Merluza ó forno con verduras o «papillote»
¿ Estás cansad@ de facer sempre as mesmas receitas? ¿ Xa non sabes qué innovar? Aquí che propoño unha técnica distinta que é moi saudable e moi fácil de por en práctica.
O papillote é unha técnica de cocción no que se envolven os alimentos nun material resistente ó calor (papel de aluminio por exemplo) para que se fagan ó vapor no seu propio zume. É unha técnica moi san e potencia o sabor dos alimentos.
Non se precisa ningún recipiente para pola en marcha. Só temos que envolver a comida (sazonada e cun pouco de aceite de oliva) con papel de aluminio. A continuación, temos que meter o paquete no forno. O subir a temperatura ós 100º C, a humidade queda atrapada no paquete e forma vapor de auga que garante que os alimentos se cociñen uniformemente. Desta forma conseguimos conservar todos os nutrientes e minerais, así como a textura e sabor desexados.
Merluza ó forno con verduras o «papillote»
INGREDIENTES ( para 2 persoas)
400 g de lomos de merluza
200 g de zanahoria raiada
1 cebola
6 dentes de allo
Allo en po
Zume de 1/2 limón
Sal
Aceite de oliva
PREPARACIÓN
Cortar 4 cuadrados de papel de aluminio e untar a parte central con unas gotiñas de aceite. Enriba de cada un, poñemos a cebola cortada en xuliana, os allos en láminas, a zanahoria en xuliana fina e, por último, os lomos de merluza. Sazonamos con allo en po, sal, unas gotiñas de aceite y zume de limón.
Cerrar os cuadrados de papel de aluminio (formando paquetiños) e metelos no forno a 180ºC durante 20 minutos. Retirar.
Servir en cada plato con coidado para non queimarnos. Pódese servir co propio envoltorio ou sen el, según prefiera o consumidor.
¡Espero que vos guste!
Fátima Branco Parra
Vanesa Mouro Felpeto
Consulta nutricional Fátima Branco Parra